Fidel Vidal reflexiona sobra a figura paterna na súa nova obra

13 Decembro 2021

Fidel Vidal, escritor, investigador, psiquiatra e artista pictórico de Ribeira, agasallounos esta tempada cunha nova obra de seu, titulada A culpa do pai (Medulia Editorial). Foi presentada os días pasados en Ribeira, no Centro Cultural Lustres Rivas, nun acto no que o autor estivo arroupado por Xesús Laíño e Manuel Cartea, en representación da Asociación Cultural Barbantia, co-organizadora da convocatoria.

Félix Vidal nun retrato de L. Silva

Segundo fixo saber o propio Fidel Vidal, o libro é un achegamento á figura do pai dende as contribucións achegadas por grandes obras literarias históricas ou de ficción, recursos que ilustran con mestría as complexidades das relacións paterno-filiais, obras entre as que se atopan o Hamlet de Shakespeare, o Edipo Rey de Sófocles ou O incerto señordon Hamlet de Cunqueiro; ou o pai todopoderoso de San Juan de la Cruz ou San Francisco de Asís. “Está o pai que impón a lei, pero se non houbese lei, non habería culpa”, dixo, aludindo ao principal miolo temático do seu novo libro: a imposibilidade de acadarmos a plenitude e a liberdade en canto non sexamos quen de superar de diferentes xeitos os límites que os que nos precederon ocupáronse de levantar ao noso arredor.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...