Este sábado temos en Ribeira unha cita cos contacontos da man de Xarope Tulú

13 Decembro 2021

As actuacións de contacontos regresan unha semana máis ao Centro Cultural Lustres Rivas co espectáculo Corochas, este sábado da man de Xarope Tulú.

Corochas é unha función de pequeno formato dirixida ás persoas máis pequenas da casa (0-6 anos), que combina a narración oral, a manipulación de obxectos e a música. A través do conto acumulativo, da canción e dos xogos de imitación, o espectáculo propón unha viaxe por diversas paisaxes e máis a presentación de diversas personaxes estrafalarias que deben resolver múltiples enredos.

A actividade dará comezo ás 12 horas e está adscrita ao programa de dinamización lingüística da Deputación da Coruña, Lingua a escena.

Para asistir é preciso facer reserva previa:

  • Por medio dun correo electrónico a normalizacion@ribeira.gal, co nome e apelidos das persoas que vaian asistir e un teléfono de contacto.
  • Por teléfono chamando ao 981835650 de 9 a 14 horas.

Outros artigos

O PSdeG-PSOE de Ribeira pide obras inmediatas no CEIP O Grupo

O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará unha proposición ao pleno para reclamar unha actuación urxente no edificio de educación infantil do CEIP O Grupo, ante o que cualifican "un avanzado estado de deterioro dunha cuberta onde a vexetación medra de forma...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.