Este domingo 26 celébrase en Rianxo o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música Municipal

16 Decembro 2021

O domingo 26 de decembro, ás 18.30 horas, celebrarase o Concerto de Nadal da Banda da Escola de Música de Rianxo. Será na sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo.

O repertorio escollido pola banda terá o nexo común de ser unha homenaxe ao compositor norteamericano John Williams e, por extensión, a unha parte fundamental da música para o cinema das décadas recentes. Para quen non o saiba, John Williams é o autor de boa parte das composicións das películas de Steven Spielberg e, tamén, da saga Star Wars. Tamén é o responsábel da partitura de Só en Casa, Superman ou a saga Harry Potter.

Outros artigos

Isaac Díaz Pardo, protagonista do Día das Artes Galegas 2025

A Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) e o Concello de Santiago presentaron hoxe en rolda de prensa os actos do Día das Artes Galegas 2025, que este ano renderá homenaxe ao creador compostelán Isaac Díaz Pardo. O evento tivo lugar no Pazo de Raxoi e contou coa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

“Política redistributivas” – José Manuel Pena

A Unión Europea sempre estivo comprometida, polo menos en teoría, coa redución da pobreza e a exclusión social. Actualmente e de fronte ao futuro, segundo algúns expertos, requirirá un cambio de paradigma nas políticas económicas, cuxo punto de partida deberá ser o...