Este 27 comeza en Rianxo un obradoiro cidadán acerca do presente e o futuro da Biblioteca Municipal

23 Decembro 2021

O Concello de Rianxo e a Biblioteca Municipal van organizar unha actividade para elixir colectivamente e de xeito colaborativo o futuro da Biblioteca e, tamén, para achegar coñecemento pormenorizado dos servizos e posibilidades que achega o céntrico edificio na actualidade.

O Obradoiro de Participación Cidadá celebrarase os días 27, 28 e 29 de decembro de 10:00 a 14:00 na Biblioteca Municipal de Rianxo.

De “maneira amena e didáctica” as persoas participantes formarán parte da futura re-construción da Biblioteca Municipal, permitíndoselles converterse en arquitectas por un día para achegar as súas ideas e propostas.

Ponde reservar praza no correo biblioteca@concelloderianxo.gal ou no teléfono 981 86 02 72 — 667 185 581.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.