Esperanza Mara estará o mércores 29 en Rianxo co espectáculo Tecendo os soños

20 Decembro 2021

O vindeiro mércores 29 de decembro celebrarase na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo o concerto infantil Tecendo os soños a cargo de Esperanza Mara (soprano) e Alfredo Susavila (pianista). Será ás 18.00 horas.

Reserva de localidades na sección de reservas da web municipal. A reserva será efectiva cando se confirme dende o auditorio.

Rianxo é un dos trece concellos das comarcas do Barbanza e Sar que participan en Tecendo os soños, xunto con Rois, Brión, Lousame, Muros, Noia, Outes, Padrón, Rianxo e Ribeira e coa colaboración dos Concellos de A Pobra do Caramiñal e Porto do Son. A iniciativa é un proxecto musical que recupera, reivindica e divulga o noso patrimonio musical ligado aos arrolos e ás cancións de berce. Sobre a base destes cantos, que adoitan ser breves, a soprano e profesora noiesa contou coa colaboración de poetas e compositoras/es da nosa terra para alongalos e enriquecelos. O proxecto é tamén un proxecto solidario, posto que o 10% do recadado será doado á Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva (ASGPOH), organización sen ánimo de lucro nacida para dar a coñecer e investigar esta enfermidade ultrarrara. Así mesmo, o proxecto conta coa colaboración de Barbantia.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.