En Ribeira tres obradoiros e seis concertos encherán de cultura urbana o Paseo do Malecón no primeiro Festival de Inverno

03 Decembro 2021

O vindeiro sábado 11 de decembro ao longo de toda a xornada a cultura urbana vai tomar a avenida do Malecón coa primeira edición dun Festival de Inverno que nace coa intención de permanecer no tempo e que nesta convocatoria inaugural estará formado por tres obradoiros e seis concertos gratuítos pensados especialmente para a mocidade.
A presentación do evento contou coas intervencións do alcalde Manuel Ruiz, do concelleiro de Xuventude Javier Sampedro, do técnico deste departamento Mario Vidal, e de Juanma e Alexandre, dous dos mozos que suxeriron ao Concello á idea de poñer en marcha esta iniciativa.
Pola mañá a partir das 12.00 h se desenvolverán obradoiros de estampado de camisetas e gorras, obradoiros de rap, e pola tarde a partir das 16.45 h obradoiros de Dj, Beatbox e Breaking, todos a cargo da Asociación Vella Escola, unha entidade de Noia que é pioneira e referente en Galicia da cultura urbana.
Logo dos obradoiros a partir das 18.00 h comezarán os concertos. O primeiro é un espectáculo multidisciplinar a cargo de Vella Escola, “Itinerario pola cultura hip hop”. Unha función dunha hora na que se representa o nacemento e desenvolvemento da cultura hip hop.
Seguirán os grupos locais “O Rabelo”, “Malayerba Crew”, “O Pirata” e “XeVA & RS”, todos eles usuarios do local de ensaio de Ribeira e moi coñecidos pola mocidade da redonda.
Boyanka Kostova
Para rematar o Festival de Inverno o coñecido grupo de trap galego Boyanka Kostova, formado por Cibrán García (Saibran Yiyi) e Chicho (O Chicho do Funk), considerados os impulsores do twerking rural.

O Festival de Inverno conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Linguística. O alcalde Manuel Ruiz agradeceu a inquedanza de moitas persoas mozas dispostas a facer e propoñer actividades e destacou algunhas actuacións nas que está inmerso o Concello, como a reforma da Casa da Xuventude ou o deseño dun novo parque
de cultura urbana.
PROGRAMA
Obradoiros de cultura urbana
12.00 h Estampado de camisetas e gorras trucker. Vella escola
13.00 h Obradoiro de Rap. Vella Escola
16.45 h. Obradoiros de DJ, Beatbox e Breaking. Vella Escola
Concertos
18.00 h. Itinerario pola Cultura Hip Hop. Vella Escola
19.30 h. O Rabelo
20.00 h. Malayerba Crew
20.30 h. O Pirata
21.00 h. XeVA & RS
22.00 h: BOYANKA KOSTOVA

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...