En marcha os traballos de remodelación da rúa Santa Irene, no Son

06 Decembro 2021

Continúan nesta recta final de ano os traballos en Porto do Son para mellorar rúas, camiños e infraestruturas. Neste senso, o Concello informou do inicio das obras da rúas de Santa Irene, tarefas que se traducirán nunha mellora da accesibilidade e a seguridade para os peóns, achegando unha nova beirarrúa de formigón e granito (entre a rúa Avellaneda e o acceso a pavillón deportivo) que favoreza o tránsito cen por cen seguro dos viandantes.

Asemade, inclúese a habilitación de novo mobiliario urbano, árbores e unha marquesiña de aceiro que dea acubillo ás persoas usuarias do dito pavillón. O Concello explico que o Plan Único da Deputación sufragará 174.994 euros dos 179.286 euros do orzamento total. Disporase dun prazo de dezaseis semanas para o remate dos traballos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.