Dodro xa conta cunha unidade de punto limpo móbil para facilitar á veciñanza a xestión de residuos

20 Decembro 2021

O Concello de Dodro vén de comunicar a incorporación dun importante equipamento para favorecer o correcto tratamento de refugallos e facilitar a colaboración da cidadanía das parroquias, evitando tamén a proliferación de vertidos incontrolados de residuos contaminantes en diferentes espazos naturais do termo municipal. Trátase dun punto limpo móbil destinado a dar servizo ás veciñas e veciños dos núcleos de poboación de Dodro en materia ambiental.

“Coa adquisición deste punto limpo móbil, no Concello avanzamos no cumprimento legal dos obxectivos de reciclaxe achegando a toda a poboación a posibilidade de contribuír coa protección do noso rico patrimonio natural”, explicaron fontes do Goberno local, engadindo que o servizo desprazarase por diferentes puntos do concello e “nel poderanse depositar residuos de orixe doméstica”.

Co fin de coñecer o funcionamento do novo servizo municipal, o Concello organizará charlas informativas en diferentes lugares e datas, cuxo calendario podemos ver a continuación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...