Dodro convoca un programa de conciliación en Nadal centrado na loita pola igualdade

10 Decembro 2021

O obxectivo de facilitar o máximo a actividade diaria das familias durante o tempo festivo que se aveciña ao tempo que se lanza unha mensaxe creativa, integradora e non discriminatoria, o Concello de Dodro puxo en marcha o programa Concilio Nadal. De regalo: igualdade.

Levarase a cabo os días 27, 28, 29 e 30 de decembro para as crianzas de entre 4 e 9 anos, na Casa da Cultura de Dodro. Tematicamente desenvolveranse actividades ligadas á igualdade e á prevención das violencias, valores que se traballarán con manualidades, contos, xogos… Debido á COVID-19 e á necesidade de non baixar a garda en relación cos contaxios, o Concello tivo que reducir prazas dispoñíbeis e situalas en 10 participantes. A inscrición farase segundo orde de chamada a través do teléfono de Servizos Sociais 981 80 24 66.

Outros artigos

O Concello de Ribeira dota ao porto de Aguiño dunha marquesiña

A veciñanza da parroquia de Aguiño xa dispón dunha marquesiña nas inmediacións do porto despois de que a brigada municipal de obras procedese coa súa fabricación e colocación. O Concello de Ribeira dá así resposta a unha demanda veciñal dilatada no tempo para protexer...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...