Dodro conmemorou en dúas xornadas o gran agasallo da literatura

13 Decembro 2021

O Concello de Dodro celebrou en formato espectacular (cunha gran festa literaria de dúas xornadas -venres 10 e sábado 11- na que se puido participar presencial e virtualmente) a entrega do XXXIV Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón.

O programa do venres arrincou ás 20.00 horas no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, coa presentación da obra Urda, de Quico Valeiras, gañador do premio da convocatoria 2020. Complementouse a cita co espectáculo de Aldaolado (as poetas Lucía Aldao e María Lado) Epístola de Aldaolado ás neofalantes.

Ao día seguinte, 11 de decembro, as actividades comezaron pola tardiña no CPI Eusebio Lorenzo Baleirón, onde se procedeu á entrega oficial do Premio de Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón á escritora Inma López Silva, que se impuxo este ano coa obra Clepsidras.

O Concello, para facilitar desprazamentos e acadar a máxima repercusión destas actividades (que viñeron acompañadas de estritas medidas anti-COVId) habilitou servizos de autobuses polas aldeas para as dúas xornadas de celebración literaria en Dodro.

Amais de todo o devandito, Cultura de Dodro concedeu o Mini Premio Eusebio Lorenzo Baleirón a María Rodríguez Romero, pola súa obra O mundo dos soños. Este premio entregouse tamén na xornada do sábado.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.