Deportes de Dodro resolverá nunha xornada todas as dúbidas que poidamos ter sobre o ciclismo

02 Decembro 2021

O Concello de Dodro, a través da concellaría de Educación, Deportes e Emprego, organiza o vindeiro 11 de decembro un encontro arredor da bicicleta, co obxectivo de fomentar o seu uso (como medio de transporte saudábel e sustentábel e tamén como recurso deportivo de primeira liña). A xornada Achégate ó Ciclismo, programada para o Pavillón Polideportivo Municipal, está destinada a todas aquelas persoas que en maior ou menor medida son seareiras do ciclismo e que desfrutan practicando deporte coa súa bicicleta.

A sesión está aberta a toda a poboación que teña interese en algún dos temas que se tratarán na xornada.
Dani Cabrejo e Héctor Angueira, mecánico profesional de bicicletas e masaxista experto en lesións deportivas, respectivamente, impartirán varias charlas informativas seguindo o seguinte horario:
10.00 H – Presentación
10.15 H – Conceptos básicos: historia do ciclismo, usos da bicicleta, tipos e partes de bicis, ciclismo adaptado.
11.00 H – Prevención e tratamento de lesións – biomecánica e axuste da posición, lesións máis frecuentes, a importancia da masaxe e o estiramento.
12.00 H – O descanso – hidratación e nutrición antes, durante e despois da actividade física.
12.15 H – Ciclismo profesional e de competición – ciclismo amador VS ciclismo profesional, ciclismo feminino.
13.00 H – Mecánica básica.
13.45 H – Clausura.

Outros artigos

María Sampedro entrega as axudas aos deportistas individuais

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañada polo concelleiro de Deportes, Álex Vidal, entregou na tarde deste luns 2 de febreiro as axudas aos deportistas individuais correspondentes ao ano 2025. O acto institucional, que tivo lugar no antigo auditorio,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.