“Darío”. Xulio Xiz

06 Decembro 2021

Desde hai vinte meses, por causa da gran plaga ou por calquera outra igualmente letal, estamos perdendo seres queridos que nos deixan en situación de desamparo permanente. O último, Darío Xohán Cabana, un dos máis fructíferos, intelixentes e xeniais poetas e narradores do país.

Primeiro foi excelso poeta, para logo consagrarse na prosa. E se en poesía premiárono co Martín Codax, Ciudad de Ourense, ou Celso Emilio Ferreiro, en narrativa foron o Xerais, Barco de Vapor ouCiudad de Lugo, e en tradución o Lois Tobío, o da Asociación de Escritores, e a Medalla de Ouro de Florencia pola tradución do Cancioneiro de Petrarca e a Divina Comedia de Dante.

Da escola de Alonso Montero, devoto de Manuel María e Méndez Ferrín, sen esquecer a Álvarez Blázquez, era perfecto coñecedor da literatura galega de tódolos tempos.

E por xenial podía permitirse cousas brillantes aparentemente triviais, e publicou dia a dia durante 34 anos cadanseu crucigrama galego na Voz, ou no vello xornal municipal “Praza Maior”, as Coplas do Cego de Albeiros.

Quede aquí como oración e pranto este anaco de “A Fraga amurallada”, que nos retrata a todos os que de fóra viñemos a Lugo: Nacéramos no val ou no alto monte / onde o vento nas árbores cantaba / e o reiseñor das albas pregoaba / a gloria do regueiro e máis da fonte. / Amabamos o fúlxido horizonte, /a fraga mesta que o poeta gaba / e as pradelas en flor e a terra brava, / montesía e xangal morada de onte. / Mais un dia viñemos e arraigamos / nos arrabaldos novos, oh cidade! / e pisámosche as rúas empedradas, / e agora somos teus e ben te amamos, / e ás vegadas tamén temos saudade / das terras atrás nosa abandoadas.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.