Convocadas tres xornadas de folga en defensa do convenio das conservas de pescado

29 Decembro 2021

CIG, CCOO e UXT acordaron convocar tres xornadas de folga en defensa do convenio colectivo estatal no sector das conservas de peixe para os próximos días 21 de xaneiro e 3 e 4 de febreiro, dado que “a última proposta da patronal non garante o poder adquisitivo dos cadros de persoal e non termina coa brecha salarial entre mulleres e homes”.

Segundo explicou a FGAMT-CIG do Salnés, a decisión foi adoptada tras comprobar que as achegas da empresa na última reunión celebrada este pasado luns 27 “non recollen as principais reivindicacións dos traballadores do sector”, motivo polo que convocan un parón de 24 horas durante tres días.

Sinalan que na mencionada reunión, a patronal propuxo un incremento salarial do 2,30% para 2021, do 3% para 2022, do 2% para 2023 e do 0,50% para 2024, “subida que a CIG considera insuficiente, xa que non se garante o poder adquisitivo ao non contemplar unha revisión conforme ao IPC nin a cobranza de atrasos”.

No que respecta a a equiparación salarial dos grupos 5 e 6, pasouse de non contemplar ningunha subida adicional para a categoría de auxiliar a unha nova proposta de incremento adicional dun 0,2%.

Por outra banda, no relativo á xornada, a patronal “desiste” da súa intención de ampliar a xornada de luns a domingo e tamén retira a proposta de que ata un 75% do persoal puidese traballar os sábados ata as 14,00 horas. Aceptou ademais a proposta sindical de eliminar que a non utilización dos EPI sexa considerada falta moi grave.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...