Boiro organiza unha nova edición da carreira popular Mar de Boiro. 14º memorial Pepe Buceta

01 Decembro 2021

O Concello de Boiro, a través do departamento de Deportes, organiza unha nova edición da carreira popular Mar de Boiro. 14º memorial Pepe Buceta, que vai ter lugar o vindeiro domingo día 5 de decembro. Na presentación da carreira, que tivo lugar esta mañá no Concello, participaron a concelleira de Deportes, Dores Torrado, e o técnico de Deportes, Manuel González.
A proba, incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo, consta de tres categorías distintas. As carreiras Mini e Supermini, de 200 metros, que comprende idades ata os 7 anos sairá ás 10.40 horas; a carreira curta, de 2500 metros, para escolares sairá ás 11.05 horas; e a carreira longa, de 10.000 metros, para a categoría xeral que sairá ás 11.00 horas. A liña de saída será na rúa Principal, onde se fará o corte da cinta, e percorrerá a Avenida de Compostela dirección Praia Xardín, o paseo Marítimo ata o Saltiño chegará ata Mañóns e volverá ata Boiro, onde estará a meta situada na rúa Peonil.
A entrega de trofeos está prevista para as 12.15 horas e farase na Praza de Galicia, onde se premiarán aos tres primeiros clasificados de cada categoría e aos tres gañadores absolutos, tanto masculino como feminino, e se
outorgarán premios aos tres primeiros corredores e ás tres primeiras corredoras, empadroados actualmente en Boiro, en cruzar a liña de meta; ao participante de maior idade e medallas para os participantes das carreiras Mini,
Supermini e curta. Haberá tamén clasificación de sapatilla inclusiva, unha categoría para persoas con discapacidade.
Hai xa 350 corredores inscritos en todas as categorías, pero as inscricións poden facerse ata as 23.59 horas deste xoves 2 de decembro a través da páxina web de Emesports ( www.emesports.es ).

Outros artigos

Comeza a conta atrás para a XII Carreira Popular Concello de Rianxo

Julian Bustelo, alcalde de Rianxo, Julian Alcalde, Concelleiro de Deportes, e Ramón Villanustre, técnico de deportes, presentaron hoxe na Casa do Concello a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, que se celebrará o vindeiro 31 de outubro. A proba está incluída no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.