Boiro inaugura este venres o seu Belén Municipal

16 Decembro 2021

O Concello de Boiro contará un ano mais co Belén Municipal de Nadal elaborado polo maquetista Carlos Nieto. O nacemento, que comezou a realizarse no ano 2014, está situado nun local anexo do Mercado Municipal de Boiro e está formado na actualidade por tres dioramas que representan tres escenarios distintos: Pedindo pousada, Nacemento e Fuxida de Exipto.

Como dixemos, toda a maqueta está elaborada de maneira artesanal por Carlos Nieto, que suma un total de 4.000 horas de traballo e as figuriñas que o compoñen son feitas e pintadas a man e encargadas en exclusiva para este belén de Boiro.

O espazo do Belén vaise inaugurar este venres 17 de decembro ás 19.00 horas e poderá visitarse ata o día 6 de xaneiro. O horario de apertura será de luns a venres de 17.00 a 21.00 horas; os sábados domingos e festivos de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. Os días 24 e 31 de decembro abrirá de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

“El acuerdo UE–Mercosur” – José Castro López

El Parlamento europeo envió al Tribunal de Justicia el acuerdo entre la UE y Mercosur, presentado como un hito histórico que creaba el área de libre comercio mayor del mundo, una respuesta al proteccionismo de EE.UU. y una oportunidad para reforzar la posición global...

“Bórtolo”. Xulio Xiz

“Bórtolo”. Xulio Xiz

Cando en 1967 nacía aquela fermosura radiofónica que se chamaba Radio Popular de Lugo, mozos e mozas poboadores daquela marabilla sonora poderiamos cantar canda Serrat aos nosos gozosos vinte anos. Era unha iniciativa relixiosa, gobernada por civís que nos fixemos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.