Boiro celebra unha nova edición do mercado de Nadal “Factoría das Raíñas”

29 Decembro 2021

O Concello de Boiro, a través da área de Cultura, organiza unha nova edición do mercado de Nadal “Factoría das raíñas”. A presentación das actividades do mercado de artesanía realizouse esta mañá e nela participaron
a concelleira de Cultura, María Outeiral, e un dos organizadores do mercado, O mercado de Nadal “Factoría das Raíñas” celebrouse por primeira vez no Nadal de 2019 e en 2020 tivo que cancelarse por mor da situación sanitaria.
O mercado de artesanía volve celebrarse este Nadal, os días 3 e 4 de decembro, na carpa situada na praza de A Boqueira de A Negral, en horario de 11.00 a 14.30 horas e de 17.00 a 21.30 horas.
Entre os postos de artesanía hai de produtos naturais, xoiería e complementos, bolsos, ilustración… e nos de gastronomía de gofres e crepes ou cervexa artesanal. “Quixemos volver celebrar este mercado de artesanía xa
que é unha actividade máis que axuda a promover e dinamizar o comercio e o consumo local no municipio. É un momento delicado polo que é importante que se cumpran de xeito estrito as medidas de seguridade”, afirmou a concelleira de Cultura, María Outeiral.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.