Boiro acolle a partir deste luns un Escape Room de Nadal

26 Decembro 2021

O Concello de Boiro, a través a área de Cultura, desenvolve unha actividade de Escape Room durante este Nadal destinada ao público infantil e familiar e tamén á mocidade. A actividade celebrarase a partir deste luns 27 de decembro e proseguirá os días 28, 29 e 30, no Local Leñaverde do Centro Social de Boiro.

O horario da actividade será en quenda de 17.00 a 18.00 horas para familias e nenos e nenas de 8 a 12 anos (acompañados dun adulto) e de 20.00 a 21.00 horas quenda para mozos e mozas.

No acceso habilitarase un punto de recollida de alimentos non perecedoiros para colaborar coa iniciativa solidaria que desenvolve o grupo de voluntariado Turbina.

O máximo de xogadores por quenda é de 10, polo que se require inscrición previa a través dos formularios habilitados na web municipal. Para o acceso é preciso presentar o certificado de vacinación. 

Reserva de entradas: 

Escape Room 28 dec. Sesión familiar 17:00 a 18:00 

Escape Room 28 dec. Sesión moza 20:00 a 21:00 

Escape Room 29 dec. Sesión familiar 17:00 a 18:00

Escape Room 29 dec. Sesión moza 20:00 a 21:00 

Escape Room 30 dec. Sesión familiar 17:00 a 18:00

Escape Room 30 dec. Sesión moza 20:00 a 21:00

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.