Entran a roubar no depósito municipal de Ribeira e desvalixan varios coches
Os cacos asaltaron esta semana o depósito municipal de Ribeira, situado no lugar de Cruxeiras. Ali aproveitaron para desvalixar varios dos coches que se atopaban no seu interior.
Segundo fontes da policia levaron pezas dos vehículos, e mesmo unha porta dun eles. Na nave tamén estaba a furgoneta requisada a dous homes a semana pasada, que entraran nun edificio abandonado de Cubeliños para levar os marcos metálicos das xanelas, material que aproveitaron para roubar tamén.
De pescudar a identidade dos ladróns encárganse axentes da Policía Nacional de Ribeira, así como do corpo municipal.




