Aprobado o expediente para remodelar a fronte marítima de Aguiño

27 Decembro 2021

A actuación está enmarcada na EDUSI ‘Máis Riveira Atlántica’, cofinanciada nun 80% con fondos europeos FEDER

O Concello de Ribeira acaba de activar unha nova actuación que se vai executar no vindeiro ano dirixida a remodelación integral da fronte marítima de Aguiño ao longo de 1.720 metros lineais e un investimento de
practicamente un millón de euros.

O alcalde Manuel Ruiz deu a coñecer hoxe as principais características deste proxecto, que se enmarca dentro da EDUSI ‘Máis Ribeira Atlántica’, que está co-financiada polo fondo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020.

A actuación abrangue entre a punta do Laño (xunto á antiga depuradora de Demarsa) e o cruce da rúa Castelao coa estrada xeral que vai a Castiñeiras. Unha primeira zona de actuación céntrase en Transporto, onde ademais da creación dun paseo pola beira do mar inclúe a habilitación dun espazo para uns vinte aparcamentos e a creación dunha zona de de Pump Track/Skate e outra de calistenia, ambas pensadas especialmente para a xuventude.

No contorno portuario construirase unha rotonda xeral de entrada ao porto e eliminarase o vial que pasa por diante da confraría e da fábrica de xeo para gañar en amplitude na praza existente, o que potenciará a súa capacidade para albergar eventos. Zonas verdes e de aparcamento serán remodeladas e crearanse dous tramos de empedrados.

Xa entrando na rúa Castelao crearase un carril bici que enlazará co que hai na rúa Torres Queiruga e que contará cunha lonxitude cercana aos 800 metros. Ademais, o contorno do campo da Tasca experimenterá unha importante transformación facultándoo como de sentido único, o que permitirá, ademais da creación do carril bici, ampliar as beirarrúas coa fin de mellorar a accesibilidade e crear máis aparcamentos, zonas verdes e algún paso elevado de peóns.

De igual xeito, habilitarase unha gradiña que servirá como miradoiro cara o Carreiro.

Durante a súa intervención, Ruiz Rivas manifestou que Ribeira está inmersa nun proceso de transformación urbana acorde coas directrices da Unión Europea, materializada xa na fachada marítima de Santa Uxía de Ribeira e que tamén abrangará á zona portuario de Palmeira e a estrada AC-305 ao seu paso por esta localidade, así como a estrada DP-7307 en Castiñeiras, A Fonteseca e A Ameixida, neste caso dentro do Plan de Sustentabilidade Turística financiado con fondos Next Generation.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...