Amicos converte o Polideportivo de Barraña nunha gran festa da inclusión

03 Decembro 2021

A asociación da nosa comarca Amicos celebrou este venres 3 de decembro a cuarta edición do festival Festiritititi, con motivo do Día Internacional da Discapacidade. O principal obxectivo foi permitir á cidadanía en xeral compartir xogo, lecer e espírito de inclusión coas persoas integrantes de asociación. Participaron, amais da comunidade Amicos, nenas e nenos dos colexios boirenses Santa Baia, Praia Xardín e o IES Praia Barraña, así como unha manchea de representantes das nosas administracións locais e autonómicas. Por exemplo Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade (Consellería de Política Social) que quixo “agradecer todo o traballo que se fai” e incluso se animou a practicar o xogo da oca do proxecto Re-Mar e a saltar a corda.

Sandra González Castro, delegada especial de Educación e delegada especial de Mocidade tamén agradeceu a Amicos a súa implicación e fixo fincapé na importancia de “amosar o noso apoio tódolos días” e entre “todas e todos aportar o noso gran de area” na inclusión.

Tamén asistiu Luis Ruíz Laíño, concelleiro de Urbanismo, Obras e Servizos de Boiro; Raúl Romero Treus, concelleiro de Servizos Sociais de Boiro; Ana Barreiro, concelleira de Servizos Sociais de Ribeira; Luis Oujo Pouso, alcalde de Porto do Son; Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo; e membros das corporacións dos nosos concellos, como por exemplo o de Lousame.

O evento estivo organizado por Amicos xunto a Badaboom e patrocinado pola Corporación JEALSA a través do seu programa de sustentabilidade ambiental e inclusión We Sea. Pola conserveira acudiu Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais, quen salientou que “o Festiritititi é tan importante porque pon en valor a integración e fai que todos traballemos para alcanzala”.

O Polideportivo Baraña de Boiro encheuse de xogos, música, obradoiros e animación para que, como dixo Xoán España, director de Amicos, todos nos sintamos “baixo o mesmo paraugas”.

Outros artigos

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.