Achado un óso na zona onde desapareceron dous mozos kayakistas en Porto do Son

03 Decembro 2021

O Instituto de Medicina Legal de Galicia ( Imelga) analiza a orixe dun óso atopado por un barco pesqueiro nunha zona de Porto do Son onde en xullo de 2020 desapareceron dous mozos que ían a bordo dun kaiak.

O achado produciuse o pasado martes, pero ata o momento non se puido determinar se pertencen a unha persoa humana.
Mergulladores do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas ( GEAS) desprazáronse este xoves ata Porto do Son para rastrexar a zona onde se atopou o óso e comprobar se había máis restos. A procura concluíu con resultado negativo.

Tal como recollimos en “obarbanza.gal” a desaparición dos dous mozos remóntase ao 6 de xullo do 2020. O accidente tivo lugar na praia de Coira, na localidade de Portosín, onde tres amigos –dous mozos e unha moza– facían uso dun kaiak.

Grupo de Apoio Loxístico da Axencia Galega de Emerxencias engadeu o seu equipo de dron á busca dos mozos desaparecidos en Porto do Son

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.