A Xunta reúne este luns nun evento ‘en liña’ a expertos europeos en xestión ambiental de pésca

12 Decembro 2021


A Xunta e a Oficina Europea para a Conservación e o Desenvolvemento ( EBCD) reunirán este luns, 13 de decembro, en formato virtual a diferentes expertos europeos para debater sobre a sustentabilidade da dos alimentos do mar e a súa contribución ao coidado do medioambiente
Esta iniciativa celébrase baixo o título ‘Alimento do mar: a estratexia saudable e sostible’ e abordará a xestión pesqueira enfocada ao emprego sostible dos recursos mariños, a innovación no sector t a dieta atlántica, así como o seu papel na redución da pegada de carbono nas actividades marítimo-pesqueiras, que “xa é das máis baixas no ámbito de produción de alimentos”, segundo destaca o Goberno galego.

Este evento virtual súmase aos dous anteriores organizados pola Xunta e a Oficina Europea para a Conservación e o Desenvolvemento. O primeiro delas tivo lugar en xuño e virou ao redor da colaboración entre as ONG ambientais, a industria pesqueira e a ciencia para impulsar a sustentabilidade.

A segunda, no mes de novembro, tratou sobre posibles vías para unha produción de alimentos pesqueiros máis neutra en emisións de carbono.

Tanto a programación do evento, que terá lugar ás 15,00 horas, como o rexistro para todos aqueles interesados en participar está na web da EBCD.


A xornada coincide coa celebración do Consello de ministros de Pesca da Unión Europea e contará coa participación da conselleira do Mar, Rosa Quintana, de forma virtual.

Ademais, o anfitrión do evento será o eurodeputado do PP Gabriel Mato, tendo en conta que tamén haberá representantes da ONU para a Alimentación e a Agricultura ( FAO), do Consello Internacional para a Exploración do Mar (ICES) e a Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e de Pesca ( DG MARE).

Así mesmo, estarán representantes da Universidade de Santiago de Compostela (USC), da Universidade de Washington, do Instituto Nacional de Recursos Acuáticos de Dinamarca e do Fondo de Defensa do Medio Ambiente. As conclusións daraas un membro do grupo de expertos en pesca da Unión Internacional para a Conservación da Natureza ( IUCN), Ernesto Penas.

Por parte da USC, estará o vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, Gumersindo Feijóo, quen coordinou o grupo que realizou, por encargo da Xunta, unha análise sobre a pegada de carbono en actividades pesqueiras.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.