A Xunta mantén a vontade de diálogo para avanzar no futuro da extracción de mexilla e de percebe

22 Decembro 2021

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, insistiu hoxe na vontade diálogo da Xunta de Galicia para avanzar na
convivencia e no futuro da extracción de semente de mexillón (mexilla) e de percebe. Así o destacou no Parlamento en resposta a unha interpelación relacionada coa extracción de mexilla, onde tamén subliñou que o Executivo galego traballa coa finalidade de garantir a explotación “responsable, racional e sostible de ambos recursos nos termos ambiental, económico e social”.

Unha máxima, incidiu, que rexe para todos os sectores marítimo-pesqueiros e nesta premisa se enmarcan medidas como a delimitación de zonas para a extracción de mexilla, tanto para bateeiros como para percebeiros, decretada para esta campaña con carácter precautorio e ata que entren en vigor os plans de xestión plurianuais do percebe para o período 2022-2024, que están en proceso de tramitación. Nestes plans quedarán delimitadas, tal como establece unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, as zonas de reserva da extracción da semente do mexillón dentro do ámbito de cada plan.
Estas medidas, especificou Rosa Quintana, afectan ao 16% do territorio do litoral da Coruña e Pontevedra no que hai presenza de mexilla. Nesta contabilización, aclarou, están excluídas as praias e a parte dos espazos do Parque Nacional das Illas Atlánticas que xa estaban restrinxidos para a extracción de mexilla. Neste sentido, especificou que estas
zonas son case as mesmas que en 2021 e que a reserva de zonas non limitou a capacidade para abastecerse de mexilla, xa que a cifra desta semente extraída se multiplicou por tres no último trienio pese a esta medida.
A este traballo do Goberno galego súmase a redacción dun borrador de orde para a regulación da extracción de mexilla en bancos naturais e tamén para a súa obtención de forma directa nas bateas. Esta iniciativa, expuxo a titular de Mar, “foi coñecida por todas as partes”, pero as diferencias, moitas delas incluso dentro do mesmo sector, dificultaron o seu avance.
Varias xuntanzas
Segundo explicou a conselleira do Mar, todos estes pasos dados polo Executivo galego foron informados aos representantes dos bateeiros e dos percebeiros en distintos encontros mantidos desde 2020 e sempre con vontade de diálogo. Ademais neste ano celebráronse seis sesións da Comisión do Mexillón. A maiores, realizáronse diferentes
xuntanzas con bateeiros e entidades representativas e coas confrarías e federacións.
Outra mostra da disposición do Executivo galego ao diálogo é a reunión mantida hai uns días cos representantes das principais asociacións de produtores de mexillón. Nesta xuntanza a Xunta fixo distintas propostas. Entre elas, a análise da alegacións presentadas á orde que delimita as zonas de extracción de mexilla para ver a posibilidade de flexibilizar
as zonas acoutadas, cuestión que está a realizar o Goberno galego na actualidade.
Outras propostas ofrecidas na reunión son a posibilidade de manter a extracción de semente de mexillón durante todo o ano, a flexibilidade no número de cordas colectoras e a época de despregue, a instalación de hatcheries para a cría de semente ou a creación de polígonos de cordas colectoras.
A conselleira explicou que o sector bateeiro unicamente solicitou retirar o artigo que permite delimitar as zonas de extracción, unha limitación de zonas que se viña abordando co sector desde hai máis dun ano. Non obstante, esa posible supresión chocaría coa xurisprudencia vixente, que di que os plans de xestión de percebe son o marco no que se deben valorar as medidas para protexer este crustáceo cando coexiste coa mexilla, e cos rigorosos informes técnicos que apuntan á necesidade de modificar as zonas de traballo para unha explotación sustentable da mexilla e do percebe.
Por último a conselleira reiterou a disposición ao diálogo e subliñou que as medidas adoptadas buscan “garantir unha convivencia equilibrada e unha axeitada protección dos intereses que concorren na explotación da mexilla e do percebe”.

Outros artigos

Retiran un envase de ácido pícrico de un centro de residuos en Padrón

O Equipo de Desactivación de Explosivos (EDEX) da Garda Civil da Coruña interveu nun centro de xestión de residuos en Padrón para retirar un envase de ácido pícrico, unha substancia potencialmente perigosa debido á súa capacidade explosiva en certas condicións. Garda...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

“Santi de Paradela, amigo”. Xulio Xiz

Santiago Rodríguez, Santi, fillo do escritor Manuel Rodríguez López, coma el persoeiro de Paradela, era todo amor para Mary, a súa muller; Carlos, o fillo; Irene, a nai; Enrique, o irmán. Tiña como amigos fervorosos a todos os que fóramos amigos de seu pai, e moitos...

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...