A UDC e a Xunta activan unha web colaborativa sobre o patrimonio marítimo galego

20 Decembro 2021

O Goberno galego, a través de Vicepresidencia e a Consellería do Mar, vai colaborar coa Universidade de Santiago na protección e promoción do patrimonio marítimo galego. Así o fixeron saber o reitor Julio Abalde, o vicepresidente primeiro Alfonso Rueda, e a conselleira Rosa Quintana, na presentación do Plan da Cultura Marítima Horizonte 2030, financiado con 200.000 euros. Na cita cos medios deron a coñecer a web do plan e máis o libro Patrimonio Marítimo, elaborado polo Grupo de Investigación en Historia da Arquitectura da UDC ao abeiro do proxecto Traslatio: o patrimonio dos Camiños do mar a Santiago, financiado cunha axuda de case 17.000 euros de O Teu Xacobeo.

Alfonso Rueda destacou “a necesidade de dar a coñecer o patrimonio marítimo do litoral galego e, en particular, o vencellado aos camiños do mar a Santiago, e promover o coñecemento dos recursos diferenciadores dos concellos das rías de Arousa e Muros-Noia, como son os vestixios construídos da industria tradicional dos oficios de mar, para seguir avanzando na creación dun destino cultural, capaz de actuar como foco de atracción turística nesta zona”.

A conselleira do Mar, pola súa banda, salientou que o Plan da Cultura Marítima de Galicia-Horizonte 2030 é un traballo ambicioso que permitirá definir os compromisos estratéxicos, as liñas políticas e as iniciativas a adoptar para poñer en valor e recuperar o patrimonio marítimo de Galicia.

A titular de Mar tamén incidiu en que o obxectivo é -2ter un documento vivo”, que acolla as contribucións de expertos do sector marítimo-pesqueiro, a xentes do mar, as principais asociacións da cultura marítima e calquera axente da sociedade. Con esa finalidade, a páxina web que foi presentada este luns 20 de decembro conta cun apartado no que calquera persoa pode aportar a súa opinión, bagaxe ou experiencia e axudar a preservar mellor o patrimonio e a cultura marítima que ten máis próximos. Por iso, Rosa Quintana animou ao conxunto da cidadanía a participar para chegar a un plan da cultura marítima galega o máis completo posíbel.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...