Os Reis Magos e Papá Noel vanse implicar novamente no fomento e reivindicación do noso comercio local. En Rianxo, a Asociación Rianxeira de Empresarios e o Concello incluíron no programa conxunto de actividades destas datas sinaladas a posibilidade de falar a través de vídeo-chamada coas Súas Maxestades, que quixeron botar unha man na Campaña de Nadal.
Será preciso facer unha compra nun establecemento do concello e presentar o tícket para solicitar un código de rexistro. Este pode facerse a través da web nadalrianxo.com. Cómpre indicar un data para que os Reis Magos e o Pai Natal poidan facer a vídeo-chamada no día e a hora reservada.
