A Policía Nacional de Ribeira trasládase ás novas dependencias en Fontán

14 Decembro 2021

Dende este 14 de decembro, a nova Comisaría a Policía Nacional de Ribeira, situada na contorna de Fontán (avenida das Airós), xa está plenamente operativa para emprestar servizo á cidadanía do concello e do Barbanza.

Segundo salienta a Xefatura de Galicia e da dirección da propia Comisaría, trátase “dunhas novas dependencias modernas e acordes aos tempos actuais para realizar os seus trámites documentais como a expedición do DNI, pasaportes ou a documentación de estranxeiros”. Tamén salientan que o inmóbel estará aberta ao público en horario ininterrompido como até agora as 24 horas todos os días do ano.

A nova Comisaría conta con oficinas máis espazosas e luminosas, o que “proporcionará un mellor espazo de traballo para os axentes e o resto de funcionarios da Administración adscritos ao persoal de Ribeira, os cales afrontan o cambio de sede con ilusión e forzas renovadas a fin de dar un mellor servizo ao cidadán”, destacan.

Outros artigos

Comezan os obradoiros sostíbeis de Nadal no municipio ribeirense

Obradoiros en Carreira Ribeira iniciou na fin de semana os obradoiros sostíbeis de Nadal coa súa impartición nas parroquias de Palmeira, Carreira e Castiñeiras, onde "houbo gran éxito de participación", segundo destacaron os concelleiros Víctor Reiriz e Emilio Pérez,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

“Objetividad de la visión en España”. José Fernández Lago

En este período de ocho años del actual Gobierno, han tratado de resolverse muchas cuestiones. Algunas de ellas han llegado a buen término, al encontrar apoyo en la mayor parte del Parlamento. Otras, en cambio, no han hallado esa acogida, y fueron rechazadas. Cierto...