“A pesca de arrastre europea quere un cara a cara co comisario Sinkevicius” – Antón Luaces

23 Decembro 2021

Foi coma un lóstrego o feito de que o Comisario de Pesca da UE, Virginijus Sinkevicius, aceptara de bo grao as propostas de seis organizacións ecoloxistas para prohibir a pesca de arrastre. Tan é así que a asociación Europêche vén de solicitar unha xuntanza urxente co responsable comunitario de Pesca, Océanos e Medio Ambiente para que aclare “a verdadeira folla de ruta de Europa” á hora de conservar os recursos pesqueiros e protexer os ecosistemas mariños.

Os pescadores europeos pediron esta reunión tralo apoio público do comisario a unha campaña que, como xa informou días atrás O Barbanza, solicita “demagoxicamente”, din, a prohibición da pesca de arrastre cadrando co derradeiro día da consulta pública aberta pola Comisión Europea para preparar o novo plan de acción para a pesca europea no marco da Estratexia de Biodiversidade 2030.

Queren os pescadores falar cara a cara, é dicir, en persoa, co comisario para coñecer a súa postura en relación co arrastre. CEPESCA -asociación que forma parte de Europêche- pon riba da mesa o feito de que desta actividade extractiva dependen 10.000 barcos europeos -900 deles de España- e as súas tripulacións. Estas representan un 11% da frota pesqueira comunitaria, o 35% da capacidade pesqueira da UE e o 38% dos ingresos do sector, segundo datos facilitados pola patronal.

No fondo desta solicitude de entrevista subxace o feito ou necesidade de saber que plans ten o comisario sobre a realidade dese importantísimo segmento de frota comunitaria, que valor ten para el o esforzo do sector para contribuír á sustentabilidade medioambiental e que seguridade pode proporcionar ós pescadores europeos de arrastre perante campañas “meramente demagóxicas, sen fundamento científico e incapaces de medir as consecuencias, tanto económicas como sociais, para moitas comunidades de cidadáns europeos”. Reclaman que se transmita a vontade de solventar os diferentes criterios sobre esta actividade “con un diálogo serio e responsable” que leve a que as partes actúen dende a honestidade e o coñecemento, marco no que “non caben as emocións e, moito menos, a demagoxia”.

Javier Garat, presidente de Europêche e secretario xeral de CEPESCA, dixo que están “realmente sorprendidos coa actitude do comisario de Pesca cos seus pescadores europeos. É incomprensible e inesperada e evidencia descoñecemento, non sabemos se voluntario ou non, sobre o feito de que o arrastre xa ten pechados todos os lugares do mundo nos que existen ecosistemas vulnerábeis”. Ao mesmo tempo, engade Javier Garat, “os pescadores lamentamos a demagoxia de quen, sen vivir da actividade pesqueira, demonizan o arrastre con informacións falsas que xeran confusión nos cidadáns, nas institucións e nas persoas que as representan”.

O sector chama a atención, ao mesmo tempo, a Sinkevicius sobre a existencia doutros cidadáns e sectores da actividade económica europeos indignados con esta “visión única ambientalista da pesca, pola súa inconsistencia, ignorancia e lonxanía da realidade”, afirma CEPESCA. Neste senso, o sector vai manifestar ao comisario a conveniencia de lexislar pensando nas necesidades e puntos de vista de todas as partes “para evitar un conflito que a sociedade europea, máis aínda coa situación sanitaria incerta que vivimos, non necesita nin se pode permitir”, segundo recolle a publicación Industrias Pesqueras.

Outros artigos

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

+

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

+

“Cento setenta e sete formas de nomear a chuvia”. Alberto Barciela

Como corrixir a chuvia, como inquietala. Esta reflexión sitúanos ante a paradoxa dun elemento que, sendo indómito, se volve íntimo a través da palabra. A experiencia, cando é persistente e profunda, fai pródiga á mente humana, obrigándoa a buscar na linguaxe a...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.