A Orquestra de Cámara Galega recala o 18 de decembro no Auditorio de Rianxo

06 Decembro 2021

O próximo sábado 18 de decembro, ás 20.30 horas, a Orquestra de Cámara Galega (OCGA) ofrecerá un concerto na Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo baixo a batuta de Rogelio Groba Otero e coa actuación de Laura del Río como soprano.

A OCGA é unha das entidades musicais máis prestixiosas do panorama estatal. Con máis de cinco lustros en activo, a Orquestra constitúe un proxecto versátil e dinámico, abranguendo repertorios tradicionais e novos (desde o barroco até os nosos días) baixo o compromiso de “dar a coñecer a música de compositores galegos”, cunha especial mención á obra do devandito compositor Rogelio Groba Groba.

A Orquestra de Cámara Galega colabora con solistas de prestixio internacional como Teresa Berganza, Ara Malikian, Juan de Udaeta, José Ramón Méndez, José Núñez, José Luís Estellés, entre outros. Asemade, instituíuse como orquestra residente do Festival Groba, celebrado anualmente en Ponteareas e polo que pasaron artistas tan sobranceiros como o violonchelista noruegués Oyvind Gimse, a violinista coreana Jin Joo Le, Guillermo Figueroa, o frautista André Cebrián, o trompista David Fernández ou Esteban Batallán, trompetista principal da Orquestra Sinfónica de Chicago.

Outros artigos

Incendio dun serradoiro no lugar do Regueiro no concello de Rianxo

Os bombeiros do Parque Provincial de Boiro acudiron ao lugar do Regueiro, no Concello de Rianxo, polo aviso dun lume nun serradoiro. O incendio sufocouse con auga. Unha vez apagado o lume usouse a cámara térmica para identificar puntos quentes movéndose a madeira e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...