“A mina de San Finx: verquidos que impactarán na Ría de Muros-Noia”. Antón Luaces

27 Decembro 2021

A empresa Tungsten San Finx ten solicitada autorización para verter ao río Pesqueira augas residuais industriais depuradas procedentes da explotación mineira de estaño e wolframio de San Finx (en Lousame). Esta autorización abrangue o acondicionamento do cauce para a retirada dos sedimentos acumulados no dominio público hidráulico na contorna das presas. A mina incumpre a normativa dende o ano 2009, motivo polo que  a deputada nacionalista Rosana Pérez esixe á Xunta un compromiso co medio ambiente e deixar de “mirar para outro lado” co obxectivo de “favorecer ás empresas mineiras”. Os veciños da comarca de Muros-Noia, as corporacións municipais de Noia, Outes e Porto do Son e as confrarías de pescadores da devandita ría rexeitan tal autorización (que a Xunta semella está a tramitar) e as consecuencias de 12 anos de irregularidades por parte da mina.

A ría de Muros-Noia está a só 7 quilómetros da mina. Unha ría sumamente rica que da postos de traballo directo e indirecto a non menos de catro mil persoas. Por isto, e por outras cousas, non se pode permitir pendurar un cartel anunciando o seu “peche por defunción”, dixo Rosana Pérez, por mor dunha a ctividade mineira. Para a deputada do BNG, a Xunta “permitiu e permite” este estado de cousas negando unha e outra vez  os seus impactos “non se sabe en base a que intereses e mesmo sendo cómplice e facilitadora dunha situación que os propios informes técnicos de Augas de Galicia poñen en cuestión”.

A da Xunta para coa empresa que xestiona San Finx é “unha connivencia clamorosa” dende  2009, ano no que a empresa retomou a súa actividade mineira “sen un proxecto de avaliación ambiental e sen exposición pública”. Unhas actuacións que remataron no xulgado e que levaron ao daquela director xeral de minas a ser investigado e deixar de ocupar ese cargo. Malia todo, a Xunta subvencionou, afirma a deputada nacionalista -entre os anos 2009 e 2013- con máis de 2 millóns de euros e o IGAPE con 800.000 euros á empresa e esta declarábase en concurso de acreedores no ano 2013, sen pagar a nómina dos seus traballadores durante seis meses.

Máis tarde, segundo relata a deputada, para seguir a tapar unha autorización que databa do ano 2009 sen avaliación ambiental, “quixeron que asumiramos que as presas de resíduos mineiros, abandonadas e colmatadas, eran, segundo un informe da Xunta, “presas hidroeléctricas vencelladas a muiños”. Unha historia que mantiveron durante 10 anos ata que un informe de Augas de Galicia do ano 2019, corroborou que “as presas, a súa xestión e a súa explotación eran realizadas pola empresa mineira”.Unha mentira mantida moitos anos, coa Xunta ollando de esguello cara outra banda, tivo e segue a ter consecuencias no territorio “a pesar dos informes técnicods e científicos como os publicados pola Universidade de Oviedo, que constatan a presenza de minerais radioactivos, ou os da Universidade de Vigo, q-ue evidencian a contaminación da ría por metales pesados vencellada á actividade mineira de San Finx.

A solicitude de verquidos non deixa de ser “unha verdadeira ameaza” e a mina “no pode reabrir sen a avaliación ambiental”.

Debe de se lle esixir  a Tungsten San Finx a presentación dun novo proxecto de explotación e o respectivo estudo de impacto ambiental, así como o sometemento a unha tramitación rigorosa de avaliaciòn ambiental. 

Outros artigos

“O océano non ten fronteiras” – Antón Luaces

Cando en novembro pasado se clausurou en Vigo a segunda edición do Foro Galicia de Sostibilidade Global de Produtos do Mar,  remarcouse esta carencia de fronteiras para salientar o empeño en lograr unha economía oceánica sostíbel como basamento da apicación das...

+

“O bispo demérito” – Xulio Xiz

O bispo demérito (sic) de Alcalá de Henares, vén de relacionar a "discapacidade psíquica, intelectual ou física" (considérome afectado directo) cunha "herdanza do pecado" e a estas alturas aínda ninguén lle retirou o carné de conducir fieis, mitigar males ou redimir...

+

“En terreno de nadie”. Javier García Sánchez

Llevo tiempo analizando los numerosos problemasque tienen los emigrantes que ahora, creo, se van aincrementar con la reforma del Reglamento deExtranjería que entró en vigor el pasado martes. Paramí el nuevo texto, la nueva normativa, tiene muchascuestiones negativas....

+

“Siempre la misma música estéril” – Manuel Domínguez

Siempre la misma música estéril Uno solo no puede hacer nada, y así hoy, mañana y pasado y ayer también. La hermana Francés Cabrini, no estaba allí para escuchar esas palabras huecas, vacías, pero llenas de fracaso. Ella desembarco en NY en la isla Ellis, antiguamente...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“No Día das Letras Galegas” – Xulio Xiz

“No Día das Letras Galegas” – Xulio Xiz

Este Día das Letras Galegas gocei dunha conversa brevísima, cun galego falante ao que lle deixei nota no parabrisas pedindo que me chamase, para facerme cargo dun rascón que vise no seu coche. Chamoume pola tarde, falamos non máis de medio minuto, pola súa parte nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.