A licitación da ampliación da Fieteira cun módulo cuberto de atletismo sacarase co inicio do novo ano

30 Decembro 2021

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, vén de asinar á addenda ao convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta e o Concello para volver sacar a licitación as obras de ampliación do Complexo Deportivo de A Fieiteira a través dun Módulo Cuberto de Atletismo. A previsión é de sacar a licitación a principios do 2022.

Fontes do Concello lembran que unha primeira licitación impulsada no pasado verán ficara deserta “por mor do encarecemento sufrido polos materiais de construción”, o que levou á actualización dos custes incluídos no proxecto, que na nova licitación ascenderá a 1.542.632,10 euros.

De resultas da addenda firmada, a Secretaría Xeral comprométese a financiar un millón de euros en tanto que o Concello asumirá o importe restante, o que supón un aumento do 102.649,57 euros sobre a súa achega inicial: cantidade esta última que irá consignada na anualidade do 2023.

O pavillón albergará unha zona de adestramento cuberta para atletismo, mediante un módulo que conta con pista de 5 rúas, zona de saltos, lanzamentos; espazos para ximnasio, sala de musculación e actividades de tecnificación para a práctica do taekwondo; construción de novos vestiarios, aseos e duchas e o seu equipamento; ademais das reformas de accesibilidade e acceso ao primeiro andar.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...