A Charanga Os Santiaguiños de Padrón animará durante dúas xornadas o Nadal sonense

16 Decembro 2021

O Concello de Porto do Son organizou este ano unha axenda de actividades de decembro e xaneiro cun compoñente marcadamente cultural e festivo. Nesta liña sitúase a actuación da Charanga Os Santiaguiños de Padrón, que visitarán a localidade facer unha ruada musical, os días 24 e 26 de decembro a partir das 18.00 horas e até as 21.00 horas.

A Charanga Os Santiaguiños de Padrón é un clásico de todo tipo de acontecementos festivos nas nosas vilas e cidades e os seus integrantes son expertos en dar unha viraxe divertida, explosiva e charangueira aos éxitos musicais máis destacados do momento. Ás súas costas teñen xa preto de tres lustros como referentes da música galega de rúa en todo o sentido da expresión.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.