A Banda Unión Musical de Meaño pecha en Valga a súa xira sobre Sálvora, Ons e Ribadavia

A Banda Unión Musical de Meaño ofreceu hoxe en Valga o segundo e último pase do seu concerto “Heroínas na memoria” do pasado século XX.

Un espectáculo que aúna música, textos literarios e imaxe para ofrecer un marco diferente ao público. A música, inédita, responde á obra encargada pola BUMM ao rianxeiro Antón Alcalde. Esta, baixo o título “Heroínas na memoria”, concibiuse en tres movementos, cada un en honra a tres episodios de valía de mulleres anónimas: as irmás Touza, as lavandeiras de San Simón e as heroínas de Sálvora.
Foi un concerto de 40 minutos de música ininterrompida, con tres relatos narrados á vez sobre esa música, e que creou para a ocasión a escritora Eva Mejuto, actual premio “ Follas Novas” de literatura.

O de Valga é o auditorio elixido para a gravación e posterior edición dun DVD, para que, en aras ao proxecto que financia a Xunta e a través das canles da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, chegue aos colexios de Galicia este próximo ano. O obxectivo é convertelo en ferramenta para poder traballar de maneira transversal coas aulas.

Heroínas de Sálvora