180 prazas para os tres novos cursos de mariñeiro pescador que convoca a Xunta na modalidade “online”

18 Decembro 2021

A Consellería do Mar vén de convocar tres novos cursos de mariñeiro/a pescador/a na modalidade online que terán
lugar entre o 1 de febreiro e o 18 de marzo de 2022 cunha duración de 50 horas e dos que se poderán beneficiar un total de 180 persoas. Cada unha destas accións formativas estará titorizada por unha das tres escolas de ensino náutico-pesqueiro da Consellería, a Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol, a Escola Oficial Náutico Pesqueira de Ribeira e o Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
O período de inscrición para estes cursos, que contan con 60 prazas cada un, está aberto ata as 15:00 horas do próximo 29 de decembro. A relación de admitidos será establecida en función da hora e do día de prematrícula dos candidatos. Para realizar a prematrícula será necesaria a identificación mediante o sistema de usuario e clave chave365 ou un certificado electrónico. Toda a información sobre esta oferta formativa pode consultarse no apartado de teleformación da web da Consellería do Mar.
Os 60 admitidos en cada curso deberán matricularse no centro de ensino correspondente nun prazo de 10 días naturais a partir do día seguinte á publicación da listaxe provisional de admitidos no portal web de formación da Consellería do Mar. Pode consultarse a documentación precisa para facelo no Anexo II da orde pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a obtención das titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na comunidade.
Unha vez que remate o curso de teleformación realizarase un exame presencial en cada un dos centros dependentes da Consellería do Mar. Así mesmo, será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse á proba final.

Outros artigos

Acordo para pescar en caladoiros arxentinos

O Executivo de Javier Milei despexa o futuro para os barcos galegos con cotas de pescada para 15 anos A intención de Milei de establecer un sistema de poxa para as licitacións internacionais mantiña en tensión a frota de capital galego que pesca nos caladoiros...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

¡Gooool! Ese es el cántico que se ha escuchado prácticamente en todas las calles de España. El “¡Yo soy español, español, español...!” ha retumbado en todos los rincones del país cuando el árbitro señaló el final del partido que nos ha convertido en reyes de Europa. 4...

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...