O xoves Galicia continuará con predominio das altas presións situadas ao oeste de Francia. Deste xeito, o ceo estará despexado en xeral e con presenza de néboas matináis en comarcas do interior. As temperaturas mínimas non terán cambios ou con lixeiros descensos, con xeadas en zonas de interior, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente superando os 20 graos. O vento soprará frouxo do nordés, con intervalos fortes entre Estaca de Bares e Fisterra.

O NOSO MAR: Vento do nordés á mañá, do nordés á tarde e do leste á noite, forza 3 a 5 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Marusía á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1.5 a 2.5 metros á mañá e á tarde e 1 a 2 metros á noite.
Mareas
| Muros | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:13 | 3.5 m |
| Baixamar | 09:16 | 0.8 m |
| Preamar | 15:27 | 3.5 m |
| Baixamar | 21:30 | 0.7 m |
| Vigo | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:04 | 3.4 m |
| Baixamar | 09:09 | 0.8 m |
| Preamar | 15:18 | 3.4 m |
| Baixamar | 21:22 | 0.8 m |
| Vilagarcía | ||
|---|---|---|
| Hora* | Altura | |
| Preamar | 03:09 | 3.5 m |
| Baixamar | 09:13 | 0.8 m |
| Preamar | 15:23 | 3.5 m |
| Baixamar | 21:27 | 0.7 m |
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)




