Un curso de iniciación á lingua de signos chega á Pobra no 3 de decembro

16 Novembro 2021

A Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, impulsa un novo curso. Nesta ocasión, trátase de iniciación á lingua de signos e está dirixido á cidadanía
en xeral. Esta acción formativa foi presentada da man da concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), xunto coa orientadora laboral do Concello, Blanca Álvarez, quen explicaron que os obxectivos principais radican en adquirir nocións básicas sobre a comunicación mediante a linguaxe de signos ao tempo que se busca favorece-la
inclusión.
As clases impartiranse no 3 de decembro, en horario de 10.00 a 14.00 horas, na aula multiúsos da Casa da Mocidade.
As persoas interesadas dispoñen dende o día 17 ata 23 de novembro para se inscribiren a través do rexistro do Concello, tanto físico coma telemático, onde está á disposición o documento de solicitude. Tamén será preciso achega-la copia do DNI. As prazas son limitadas e cubriranse pola orde de entrada. No caso de haber unha maior demanda, optarase por ampliar esta formación e realizaranse outras actividades relacionadas. Para máis información habilítase o teléfono de contacto 981377610.
Así mesmo, a edil Amparo Cerecedo anunciou que nun futuro se habilitará un espazo municipal que conte coa homologación para a impartición de certificados de profesionalidade, entre eles, o de lingua de signos.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.