SEA traballa coa eléctrica UFD en mellorar o servizo ás empresas dos seus polígonos

05 Novembro 2021

A xerente de Solo Empresarial do Atlántico, SEA, Beatriz Sestayo, reuniuse con Julio Gonzalo García, director da Zona Norte de UFD, distribuidora eléctrica de Naturgy co obxectivo de “mellorar a coordinación coa compañía eléctrica, en beneficio das empresas instaladas nos polígonos empresariais”.

Na reunión abordouse a posibilidade de que a compañía colabore no Plan Estratéxico de Solo Empresarial, co fin de establecer unha mellor coordinación de face aos futuros proxectos de desenvolvemento de novo chan empresarial que prevé SEA.

Deste xeito, informou a entidade, “establecéronse novos ámbitos de comunicación, que beneficiarán tanto ás actuais como ás futuras empresas dos 13 polígonos empresariais que xestiona SEA en Galicia”, incluídos os de A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Muros.

Beatriz Sestayo expuxo ao delegado da Zona Norte algunhas das problemáticas que diferentes empresas transmitiron a SEA. Amais, explicoulle que a entidade está en fase de análise de futuros proxectos, ao percibir a demanda existente, ante o auxe de determinados sectores. Isto materializaríase nunha posíbel ampliación dalgúns polígonos industriais nos que practicamente esgotouse a superficie dispoñíbel e máis no desenvolvemento de novas zonas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.