Reflotado en Ribeira o L´Etel para o seu traslado e despezado

30 Novembro 2021

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de completar nas últimas horas a manobra de reflotación do buque pesqueiro L´Etel, afundido no porto de Ribeira en xaneiro de 2020. Así o comprobou a presidenta do ente público, Susana Lenguas, nunha visita esta mañá ao peirao comercial de Ribeira no que se atopa provisionalmente amarrada a embarcación tralo seu izado desde o fondo mariño.
Os seguintes labores serán a inspección do pecio e a extracción de todos o residuos contaminantes sólidos e líquidos, que se atopen a bordo do buque e a súa xestión por unha entidade autorizada. Despois procederase coa estabilización do buque para efectuar o seu remolque previa autorización de Capitanía Marítima.
O buque pesqueiro L´Etel afundiu no porto de Ribeira o 22 de xaneiro de 2020 a unha profundidade de seis metros en relación co nivel 0 do porto. A súa reflotación e retirada por parte de Portos de Galicia responde a razóns de seguridade e explotación portuaria ante a falta de resposta dos seus titulares, aos que Portos de Galicia instou a asumir a tarefa inicialmente por ser súa a responsabilidade. O servizo total de reflotación e xestión dos restos do pesqueiro conta cun orzamento de 332.000 euros, que adiantará o organismo portuario.

L´etel

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

“El fútbol es algo más” – José Antonio Constenla

¡Gooool! Ese es el cántico que se ha escuchado prácticamente en todas las calles de España. El “¡Yo soy español, español, español...!” ha retumbado en todos los rincones del país cuando el árbitro señaló el final del partido que nos ha convertido en reyes de Europa. 4...

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...