“Que vén o lobo!”. Xulio Xiz

19 Novembro 2021

Prokófiev, con Pedro e o lobo, puxo música á fábula tan rusa como galega, na que un rapaz gostaba berrar “Que vén o lobo!”, para que os veciños collesen medo, mentres el ría a cachón. E así unha vez e outra, ata que deixaron de facerlle caso. E un día veu o lobo, el berrou con toda a súa forza, ninguén acudiu, e o lobo foi un lobo para o home.

No meu tempo de neno de aldea, o medo ao lobo era un arrepío, aínda que daquela, con gando no monte, non ousaba presentarse preto das casas

Na actual Galicia profunda (esta, si) onde o humano é a excepción, ninguén pode coutar a un lobo con fame. E ao non haber gando no monte, o único recurso que ten o animal é arriscarse a invadir terreos civilizados para alimentarse, localizándose as súas máis recentes incursións en Parga e Outeiro de Rei. Normalmente os lobos son problema en zonas máis baleiradas como Muras e Ourol, creando problemas serios a gandeiros sen máis solución ca sufrir os ataques e logo conseguir ser indemnizados. En tempos, as batidas poñían as cousas no seu sitio, desde o punto de vista dos humanos, pero na actualidade os dereitos do lobo fano figurar na lista de Especies Silvestres en Réxime de Especial protección.

Isto coloca en situación límite aos gandeiros rurais, forzando a imposible convivencia dunha especie predadora co dereito dos labregos a criar en paz o seu gando. Nisto non parecen ter cabida criterios políticos e si de especialistas que aporten solucións de protección do animal en determinadas áreas, mesmo favorecendo a súa alimentación, sen que ningún humano sufra nos seus dereitos, na economía ou na súa vida pola forzada e imposible convivencia

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...