“Poñer a venda antes de que se produza a ferida”. Antón Luaces

23 Novembro 2021

En Bruxelas, España -máis concretamente o seu ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas- ven de facer patente a súa convición de que, antes de que se confirme a existencia dunha ferida, é convinte poñer a venda ou apósitos que eviten que esa ferida aínda non rexistrada poida supurar ou escretar as materias purulentas que a cotío producen.
É o caso das prioridades establecidas recentemente polo ministro Planas no Consello de Ministros de Agricultura e Pesca no que sinalou as prioridades españolas nas negociaciòns da Unión Europea co Reino Unido en materia de cotas de pesca para 2022. Para o ministro español a redución do Total Admisible de Capturas (TAC) de pescada norte non debe ser superior ao 20%. Días antes, Luis Planas refimara no Congreso dos Deputados o seu rexeitamento á proposta da Comisión Europea de reducir un 18% a cota de pescada no Cantábrico.

Ou arre ou xó, señor ministro. Saberá xa o señor Planas que a Comisión Europea reducirá a cota de pescada norte arredor do 20%?. De ser así, é seguro que na referencias que se facilite dos acordos adoptados no Consello de Ministros de Agricultura e Pesca a celebrar a mediados de decembro próximo se nos diga que España fixo firme a súa defensa de admitir un máximo regulatorio do 20%. Apuntarémonos, daquela, unha vitoria a domicilio e escoitaremos as campás tocando a rebato. Somos así neste país que, aló polos anos 50 e con Franco residindo no palacio do Pardo, se gababa da súa europeidade publicando  nos xornais a imaxe do ministro López Rodó circulando polas rúas da capital belga a lombos dunha bicicleta e ao máis fiel estilo dos cidadáns de Bruxelas. Queríase dicir ou dar a entender que a España franquista abría camiños en Europa pedaleando unha bicicleta que abría ss portas da CEE cando a realidade ben coñecida é que a UE admitiu no seu seo a España trinta anos máis tarde, con  Franco  soterrado na ermida do Val dos Caídos (por Deus e por España, evidentemente).

Pois iso: salvando as distancias de todo tipo, a España democrática anuncia con bombas de palenque a súa oposición a calquera redución nas cotas de pescada norte que supere o 20%. E dou por seguro que haberá redución, pero que esta non superará a porcentaxe citada polo ministro Planas, a quen lle vai tocar a boneca “chuchona”.Que gañas de xogar ao tute cabrón, tentando enganar aos propios e alleos. Fai coma o polbo, cando este se adapta ás cores dpos elementos que o rodean, nun simulacro ou adaptación ao medio digno do maior encomio.

Ai, sí: para outras especies de interese para a frota (peixe sapo e rapante, nomeadamente) o ministro acepta subas de TAC que xa figuran nas recoimendacións científicas. O dito: ou xoga con barallas marcadas ou vai de farol. Cousas da política de altos voos que xa practicaba o don Francisco de Ferrol (que foi do Caudillo).

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...