“Pobreza severa” – José Manuel Pena

29 Novembro 2021

Os gobernantes, nos últimos tempos puxeron de moda a idílica frase de que “non se pode deixar a ninguén atrás”. Parece unha lema máis propio dunha campaña electoral porque sucede que a pobreza real das persoas e familias que sofren ese estigma social séguena padecendo desde hai décadas dunha maneira severa e endémica. Son persoas que non levantan a voz porque bastante teñen con preocuparse de poder comer todos os días.

A maioría dos traballadores por conta allea, os autónomos, as pequenas, medianas e grandes empresas ou os pensionistas, teñen o dereito e ademais o deber de reivindicar melloras sociais, salariais e económicas, aínda que son uns auténticos privilexiados con respecto á pobreza real e severa que padecen milleiros de familias que apenas poden vivir con pouco máis de 450 euros mensuais e que se atopan entre nós.

Familias, moitas delas con menores ao seu cargo, que saen dos seus fogares cada mañá coa ilusión de conseguir uns cuantos euros, en traballos esporádicos ou na economía mergullada, que lles permitan comprar para comer, para vestir, para o aseo persoal, para a calefacción, etc., é dicir para dispor das cuestións máis básicas e fundamentais para calquera persoas humana.

Cando a crise financeira algúns privilexiados dicían que viviamos por enriba das nosas posibilidades, e algúns críano de xeito tan firme que mesmo tiñan sentimentos de culpa. Mentres estes superdotados e estafadores se adicaban ao “digno oficio” da corrupción e do caciquismo, a maioría mirabamos con estupor pero eles seguían a presumir das súas artimañas, con total impunidade.

 


                               

Outros artigos

“No lo entiendo, no lo comparto y soy opuesto” – Manuel Domínguez

Ante la inflación a un 3%, es decir la carestía de la vida, cada vez más difícil vivir decentemente, el BCE Banco Central Europeo, sube los tipos de interés al 2,25 con la idea de controlar el consume y crear ahorro. De qué consumo habla si las gentes van al mercado a...

+

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

+

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...

+

“Primeiro o amor, despois ciencia” – Antón Luaces

A frase corresponde a Antoni Gaudí, arquitecto catalá responsable do deseño da basílica barcelonesa da Sagrada Familia, cuxa torre de Xesús Cristo bendiciu a pasada noite o papa León XIV, en presencia dos Reis de España e a maior parte do Goberno e o da comunidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

“La ley seca en Riazor”. José Castro López

Acabó la temporada futbolística y, con ella, las alegrías, las decepciones, los ascensossoñados y los descensos temidos. Pero cuando el balón deja de rodar queda tiempo parareflexionar sobre algunas cosas que ocurrieron en los estadios y que merecen unareflexión.Una...