“Pesca ilegal e subvencións” – José Manuel Pena

16 Novembro 2021

Tres mil cincocentas toneladas de pesca ilegal, superando esta os dez millóns de euros de ganancia por cada campaña; atoparon sobre catrocentos mil euros en metálico, na vivenda familiar. Estes arrepiantes datos correspóndense a un grupo de empresas españolas que se dedicaban á pesca ilegal en augas internacionais. A pesar de todo, recibiron, durante anos, millonarias subvencións públicas. Como é posible?

Algunhas organizacións ecoloxistas internacionais, como Océana, Sea Shepard ou Greenpeace, viñan denunciando a este grupo de empresas piratas, desde hai case unha década, ante diferentes gobernos de varios países, entre eles España. No entanto, o noso país, seguía “regulando” suculentas e millonarias subvencións públicas para que estas empresas seguisen co armazón mafioso e criminal de esquilmar os océanos do planeta.

Agora os tribunais de xustiza sentenciaron sobre as responsabilidades destas empresas, dos seus socios así como das persoas con cargos de confianza que traballaban para as mesmas. Pero, que ocorrerá cos responsables públicos por “regalar” todos estes millóns de euros en subvencións, ao longo de todos estes anos, sen ningún tipo de control?  Vergoñoso e indignante.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...