O PSOE reclama o apoio do PP para impulsar a construción dunha residencia de maiores en Boiro

25 Novembro 2021

A deputada socialista Noa Díaz pediu aos representantes populares no Parlamento de Galicia que apoien a proposta socialista para reclamar á Xunta a construción dunha residencia pública para maiores no concello de Boiro. Díaz dixo que co seu voto a favor, o PP atendería “unha demanda histórica da veciñanza” e unha “necesidade prioritaria para o municipio”.

A parlamentaria socialista lembrou que Boiro é o segundo concello máis poboado da comarca do Barbanza, con preto de 19.000 habitantes, dos cales un 22% é maior de 64 anos. Con todo, dixo, “este municipio carece de servizos públicos de atención integral e continuada para as persoas maiores”. Seguindo este fío, Díaz lanzou aos populares a seguinte pregunta: “Pensa o Grupo Popular que nun concello como o de Boiro -con máis de 4.000 persoas maiores- son suficientes 40 prazas no centro de día, 6 bonos para residencias e o Servizo de Axuda no Fogar?”

A parlamentaria tamén recordou que “para paliar esta eiva”, o propio Concello de Boiro decidiu poñer a disposición da Xunta os terreos necesarios e mesmo o proxecto. Porén, Noa Díaz dixo que “dende que se suscitou este ofrecemento, a Consellería de Política Social non deu ningunha resposta, malia os reiterados convites do Goberno local para coñecer in situ eses terreos”. Na súa opinión, esta “falta de vontade” non foi aplicábel ao caso de Ribeira, onde lembrou que “o Goberno galego vén de asinar un acordo para investir 10 millóns de euros para a construción dunha residencia pública”. Noa Díaz recoñeceu ter dúbidas acerca de se “será oportuno, prudente ou pertinente que se invista esa cantidade nunha única infraestrutura no canto de aproveitalos tamén para a demandada de Boiro”.

A deputada socialista lembrou, ademais, que esas demandas se amparan nas máis de tres mil sinaturas recollidas por unha plataforma local e que “claman por recursos públicos porque saben mellor que ninguén que coas súas cativas pensións non son nin serán quen de acadar unha praza nunha residencia privada”.

Outros artigos

A ABE realiza o sorteo da Campaña de San Valentín

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) realizou na mañá deste venres 13 de febreiro o sorteo dos premios da campaña de San Valentín entre os 1.207 rexistros de compras recibidos a través da web da entidade, co obxectivo de premiar ás persoas que apostan polo comercio...

+

O Entroido de Amicos celebra as distintas comunidades do mundo

O Entroido xa está a percorrer Galicia, e Amicos xa leva semanas preparándose para celebrar unha das festas máis divertidas do ano. Uns preparativos que a mañá deste xoves, 12 de febreiro materializáronse no Gran Festival do Entroido da entidade inclusiva do Barbanza,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.