O PSOE de Ribeira vén de compartir unha listaxe de seu na que figura unha relación de bens e dereitos que, segundo indican os socialistas, deben ser incluídos no actual catálogo do Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Ribeiro. A proposta abéirase ao obxectivo do PSOE de seguir traballando polo ben dos veciños e “reivindicar espazos ou elementos públicos da cidadanía que figuran integrados en ficas ou terreos alleos”.

(181) Camiño de Lagoela de Fóra, Listres-Aguiño
Polígono 22
Camiño veciñal que comunica o Camiño público 9004 (parcela 1166)
(182) Rúa do Perico, Aguiño
Camiño veciñal que une a rúa Corbelo coa rúa Luis Pimentel, tramo de 30 metros lineais.
(183) Camiño de Viñanova a Cunlleira, Xarás-Artes
Polígono 3
Camiño veciñal asfaltado, situada entre os lugares devanditos. Camiños 9002-CP 7302.
(184) Camiño da Catía (antigo camiño O Carreiro), Catía-Aguiño
Camiño de natureza pública en parte asfaltado e delimitado por postes de pedra, entre a rúa Luis
Seoane e a rúa Andrés Torres Queiruga.
(185) Camiño da Agra, Castro Carreira
Polígono 3
Camiño veciñal que enlaza co camiño 9024.
130 metros lineais.
(186) Camiño Público 9001
Polígono 17
Fafián-Ribeira
(Os Túneles) Tramo de 110 metros ata o Camiño das Sarreiras. (Antiga estrada a Carreira). Parcela 129.
En base a todo o devandito, o PSOE solicita a inclusión dos Bens e Dereitos relacionados anteriormente, previa verificación da súa natureza pública, no Inventario Municipal de Bens e Dereitos do Concello de Ribeira; así como a súa habilitación para uso e dominio público.




