O PBBI require ao Concello de Ribeira máis mantemento e iluminación axeitada para a pista multideporte de Aguiño

13 Novembro 2021

O Partido Barbanza Independente (PBBI), a través do seu portavoz Vicente Mariño, presentou ao pleno da Corporación de Ribeira, unha moción relativa á pista multideporte de Aguiño, situada ao carón do Campo da Tasca. Segundo sinalan, a infraestrutura atópase neste intre “nunha situación de abandono”. O PBBI sinala que esta opinión é compartida pola veciñanza, que contactou co PBBI, engade, para “indicarnos que solicitaron unha correcta iluminación e o alcalde e o seu equipo de Goberno fan caso omiso a esa demanda”.

En opinión da plataforma que dirixe Vicente Mariño, o abandono ao que foi sometida a pista é un exemplo “do desleixo do Executivo local ante os proxectos realizados no concello con grandes investimentos que, acto seguido da súa materialización, son abandonados”.

Por todo iso, o PBBI solicita a aprobación destes puntos:

1-Que o Concello de Ribeira proceda a dotar das luminarias suficientes para poder gozar da pista multideporte SD Xuventú Aguiño nas debidas e óptimas condicións cando anoitece.

2-Que o Concello de Ribeira proceda á limpeza e mantemento da pista multideporte de Aguiño así como da súa contorna.

3-Que o Concello de Ribeira proceda á plantación de árbores ornamentais no merendeiro lindeiro.

4-Que o Concello de Ribeira proceda a instalar papeleiras na contorna da pista multideporte SD Xuventú Aguiño.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...