O Noia busca romper a mala racha fronte ao Estradense

12 Novembro 2021

Os noieses tentarán voltar á senda do triunfo este domingo a costa do Estradense. O Noia terá esta xornada unha saída complicada ao campo do Estradense.

O conxunto pontevedrés non atravesa seu mellor momento, e sitúase en postos de descenso con 8 puntos, tres menos que os noieses. Sorprende a posición na que se atopa o Estradense se se ten en conta a gran campaña que realizaron o ano pasado onde estiveron a punto de lograr o ascenso de categoría. Veñen de salvar un punto na súa visita ao Vilalbés.

Para os de Iván Carril supón un partido clave, tanto para as súas aspiracións como para volver á boa dinámica. O encontro correspondente á xornada 11 disputarse este domingo no Campo Municipal do Concello da Estrada a partir das 17:00 horas.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.