O mago Miguel de Lucas pechará este domingo o VI Festimaxia Lousame 2021

27 Novembro 2021

A Casa da Cultura de Lousame acollerá este domingo 28 de novembro, ás 18:00 horas, a terceira e derradeira sesión da sexta edición do Festimaxia Lousame 2021. Un festival con todas as actuacións de acceso gratuíto, previa reserva de praza en bandoticket.com, e que xa colgou o cartel de non hai entradas nos dous espectáculos anteriores, protagonizados polo Mago Romarís e David Méndez.

A actuación deste domingo, “Olé”, chega da man de Miguel de Lucas, unha das figuras máis destacadas da maxia española actual e moi coñecido polo seu traballo como presentador de “Un país mágico” (TVE). En Lousame fará unha actuación de 55 minutos dirixida a un público familiar na que se mesturan situacións improvisadas con disparatados números de maxia.

A sexta edición do Festimaxia Lousame 2021 está organizada polo Concello de Lousame, en colaboración coa Deputación da Coruña. A entrada é de balde, se ben haberá que seguir os protocolos Covid en vigor no momento da actuación e, en todo momento, levar máscara, hixienizar mans e manter a distancia de seguridade.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.