O Grupo de Teatro de Ribeira porá fin á mostra teatral impulsada polo Concello coa obra O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo)

26 Novembro 2021

O Grupo Municipal de Teatro de Ribeira representará a comedia O rei Telesforo busca noiva (e quere noivo) na mostra teatral impulsada polo Concello. Así o confirmaron este venres 26 os seus integrantes no Centro Cultural Lustres Rivas, onde achegaron detalles da montaxe que vai supor o remate da presente edición do certame. A cita será o vindeiro sábado 11 de decembro ás 20.30 horas no Auditorio Municipal.

A concelleira de Cultura, María Sampedro, explicou que a estrea estará dedicada a Daniel Gómez Ramil, que “nos deixou a semana pasada, días despois de que fora homenaxeado pola Corporación Municipal nun acto no que se aprobou dar o seu nome á Mostra de Teatro Infantil”, sinalou.

A obra está dirixida por Óscar Romero Martínez coa colaboración de Segundo Durán Chiki como axudante de dirección.

Actuarán 22 membros, que contan coa colaboración de Teresa Bretal, de Confecciones Teresa, quen deseñou e realizou todo o vestiario adaptado á época na que transcorre o espectáculo, a Idade Media.

Óscar Romero explicou que a peza, de texto colectivo, “é a primeira comedia que o Grupo de Teatro pon en escena dende finais dos anos noventa e que é a primeira vez que afronta unha obra composta integramente en verso e a primeira vez que irán vestidos de época”.

Entrada de balde

Os bonos non serán válidos para acceder a esta función; de feito a entrada será gratuíta sen reserva de número de butaca. As persoas interesadas en acudir, terán que acudir ao Auditorio dende media hora antes do comezo e ir sentándose libremente (polo que non se garante a dispoñibilidade de asentos lindeiros para as reservas). Deberán solicitar a entrada enviando un correo electrónico, chamando por teléfono ou de xeito presencia; indicando os datos persoais (nome, apelidos, teléfono de contacto) no departamento de Cultura dende as 9 da mañá do vindeiro luns e ata as 14 h do venres día 10 ou encher aforo, de 9 a 14 horas en día lectivo. Unha vez recibidas as solicitudes, e en función da normativa respecto dos aforos que estea en vigor nese momento, a área de Cultura confirmará as reservas e daralles as indicacións para o acceso ao auditorio o día da función, con apertura de portas ás 20 horas. Cada persoa poderá reservar entrada para un grupo máximo de 4 sempre e cando non se reduza o aforo actual do 100%.

De xira por outros concellos

Despois da estrea en Ribeira, o Grupo Municipal de Teatro continuará coa xira deste espectáculo por outras vilas e cidades da provincia a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña. Así, o 18 de decembro actuarán no Auditorio de Narón, o 13 de marzo no Teatro Elma da Pobra e o 27 de marzo no auditorio Constante Liste de Teo, así como noutros concellos da provincia durante o ano 2022.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.