O “Día internacional da eliminación da violencia contra a muller” protagonista do noso mensual “O Barbanza” que chega o número 28

22 Novembro 2021

Un novo número da nosa publicación mensual en papel “O Barbanza”, está xa na rúa distribuíndo os seus 6.000 exemplares nos concellos da comarca, e coma sempre de balde.

O “Día internacional da eliminación da violencia contra a muller “, é o protagonista do noso de novembro o número 28. Este 25-N a comarca fai unidade fronte ás agresión uníndose á campaña “De Fronte” promovida pola Deputación.

O apoio o espírito empresarial e o seu desenvolvemento, son algúns dos temas que tratamos nesta edición no que pasamos revista á festa dos Premios dos Empresarios de Boiro e entrevistamos o seu presidente.

Tamén o despegue empresarial coa aprobación da modificación do plan xeral que dará vía libre ao novo polígono de Ribeira. Abordamos as campañas de apoio o comercio local como AmaRibeira.

Obras e proxectos municipais, conciliación das familias e a atención á nenez, aparecen neste número no que facemos repaso a arquitectura punteira da nosa comarca.

Algúns proxectos da comarca son tamén recolleitas en “O Barbanza“ mensual que pode, ademáis de conseguirse de balde impreso, ser descargado en pdf desde a nosa web “obarbanza.gal”.

Medio ambiente e turismo son outros dos temas tratados neste número no que lembramos na historia da comarca ós Raith Rovers, o equipo de fútbol que encallou en Corrubedo, pasamos revista os 20 anos do Mueso do Gravado de Artes e as actividades culturais, literarias e a toponimia completan este número de outubro.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

O Culturgal Expandido recala esta semana en Muros

A edición 2026 do Culturgal Expandido chega esta fin de semana ao Mercado Municipal de Muros cunha programación gratuíta e para todas as idades. Na presentación do programa participaron Natividad Gonzalez, deputada de Cultura da Deputación da Coruña; María Lago,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.