O deputado Blas García visitou Lampón- Boiro para coñecer as obras feitas pola Deputación

25 Novembro 2021

O Deputado provincial da área de Promoción Económica, Blas García, vistou esta mañá Boiro para coñecer as obras subvencionadas pola entidade provincial para o acondicionamento de terreos destinadas ás actividades da Comisión Parroquial de Santiago de Lampón. Durante e visita estivo acompañado do alcalde, José Ramón Romero, o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, e representantes da entidade veciña.
Coa subvención concedida pola Deputación da Coruña, a entidade acondicionou uns terreos en Lampón co obxectivo de realizar unha ampliación da nave na que actualmente se gardan os materiais para a Cabalgata de reis que realiza a entidade. “Queremos poder ampliar este espazo para poder gardar os materiais da cabalgata e tamén levar a cabo actividades e obradoiros para a veciñanza”, afirmou o membro da entidade veciñal, Marcelino Sánchez.
Esta subvención da Deputación da Coruña está dentro dunha liña de axudas da área de promoción económica para que institucións e asociacións poidan levar a cabo actividades. “Esta axuda é un claro exemplo do compromiso da Deputación da Coruña, non so con institucións senón tamén con pequenas asociacións e entidades veciñais”, afirmou o deputado provincial Blas García.
O alcalde de Boiro, José Ramón Romero, agradeceu á Deputación o seu compromiso coa veciñanza de Boiro, colaborando con entidades como a Comisión Parroquial de Santiago de Lampón, e tamén o traballo que a asociación veciñal fai con actividades para todo o pobo. “A cabalgata de reis de organizan é un traballo que a entidade fai para todo a veciñanza de Boiro e ter un sitio para desenvolver estas actividades é fundamental para seguir
medrando”, recoñeceu o alcalde.
Durante e visita a Boiro, Blas García tivo a oportunidade de reunirse co alcalde e o concelleiro para conversar sobre liñas de traballo conxunto entre as dúas administracións e participou tamén nos actos que o Concello de Boiro
organizou con motivo do 25N, unha lectura de poemas coas voces de mulleres de entidades sociais do municipio.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.