O Concello e Noia Histórica traballan no impulso do marketplace local e da campaña de Nadal

12 Novembro 2021

Esta semana o Concello de Noia e a Asociación de Empresarios Noia Histórica mantiveron unha xuntanza de traballo para estudar novas vías de colaboracións (colaboracións principalmente tecnolóxico-dixitais e reforzar as xa existentes. Na xuntanza participaron o alcalde de Noia, Santi Freire, a concelleira de Comercio, Laura Salgado, e o presidente da patronal noiesa, José Manuel Martínez Godoy. Unha das cuestións clave que se trataron foi a posta en funcionamento do servizo local de comercio electrónico, comunicación e promoción comercial a disposición dos establecementos de Noia: o marketplace #vadetiendas.

Na reunión tamén se trataron temas relacionados coa campaña de Nadal, que presentarán nas vindeiras semanas. Haberá, segundo adiantaron, decoración nas rúas, animación, sorteos, música, tren infantil, Belén animado, escaparates engalanados, etc. Será, en palabras de Martínez Godoy, “unha gran campaña de Nadal para Noia”.

Outros artigos

“Memorias dun neno labrego” recala en Noia o 22 de febreiro

Chega ao Coliseo Noela unha das obras máis aclamadas de Galicia: Memorias dun neno labrego do Centro Dramático Galego, peza teatral baseada no libro do mesmo título de Xosé Neira Vilas, adaptada por Candido Pazó. Será no Coliseo Noela o 22 de febreiro ás 19.00 horas....

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.